Quantcast
Channel: Festigal | Campus Vida de Santiago de Compostela. 24 e 25 de xullo.
Viewing all articles
Browse latest Browse all 78

O mellor da artesanía, do comercio de produtos galegos e do asociacionismo, no Festigal 2016

$
0
0

Trinta obradoiros venderán as súas creacións orixinais o Día da Patria no campus sur de Santiago de Compostela

Galería artesanal

Galería artesanal

O Festigal é lugar de encontro, de ideas, de música e de reivindicación, mais tamén ten espazo reservado para un mercado de artesanía galega, o asociacionismo e o pequeno comercio.

Cada peza que se pon á venda no Festigal é orixinal, distinta ás demais, porque é froito da creatividade e do saber facer manufactureiro. Na galería artesanal poderanse atopar adobíos de coiro, complementos de reciclaxe, alfaias de prata, artigos de decoración, roupa para nenos e nenas, reloxos de madeira, marmeladas e agasallos, entre outros.

Ademais, o tecido asociativo nacionalista terá espazo de seu, porque o Festigal serve de punto de encontro e de descubrimento de iniciativas que se fan en todo o país para facer medrar a conciencia de país dende diversos ámbitos. Ecoloxismo, feminismo, recuperación da memoria histórica, medios de comunicación, cultura, sindicalismo, ensino, antirrepresión e defensa do idioma son algúns dos temas sectoriais que se poden atopar.

Galería das tendas e das asociacións

Galería das tendas e das asociacións

Os obradoiros de artesanía que terán representación son Adriana e Juan, Complementos Le Le, Estilo Puratiti, Sofía Koukouloglou, Cavalinho do Demo, Manuel Costas Alonso, Castañas do Caurel, Brazolinda Xogos, Coas Mans Artesanía, Boneco tolo, Lucía Arosa Gaspar, Ana González Benítez, Jorgelina, Marta Méndez Jorquera, Natalia Ramos Jaramillo, Nené Son Joyas, Cristina Reigosa González, Deica Creacións, Queen Lupa, José Ramón Lleó, Tenda Galiza, Boxabrón, Paseloqpase, Cristina Bañado, Raquel Rei Álvarez, Karina Piñar, Armaior e Me caigo morta.

Estarán presentes tamén as tendas de produtos galegos 2de10 Dixital, OZOCOgz, Nice Trip, BOH, Nobelo, Racataplan, CADIROIG, Tenda Miudiño (Miudiño Sociedade Cooperativa Galega) e Rei Centolo.

No apartado de asociacionismo, estarán a Marcha Mundial Das Mulleres, Adega, Asociación Abeiro, Diário Liberdade, Isca, Véspera De Nada, Fundación Manuel María, Fundación Moncho Reboiras, Instituto Galego De Historia, Semente (ESCOLAS De Ensino En Galego), Ceivar, UMG, Erguer, Gentalha Do Pichel, Asociación Cultural Alexandre Bóveda, Fundación Galiza Sempre, Confederación Intersindical Galega (CIG), Galiza Nova e A Mesa Pola Normalización Lingüística.

 

Consulta todas @s artesás e tendas con presenza no Festigal 2016.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 78

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú