Quantcast
Channel: Festigal | Campus Vida de Santiago de Compostela. 24 e 25 de xullo.
Viewing all articles
Browse latest Browse all 78

O espazo de deportes do Festigal contará cunha exhibición de loita tradicional galega

$
0
0

O xogo do pau, un torneo de billarda e unha mostra de artes de combate con espadas completan a programación do Día da Patria

loitagalega

As persoas afeccionadas ao deporte terán a sorte de participar no Festigal en actividades como o xogo do pau e o torneo de billarda, ademais da exhibición de esgrima histórica e de loita tradicional galega.

O xogo do pau é unha arte marcial e popular que emprega paos e varas de diferentes tamaños. É orixinario da ribeira do Miño, desde onde se estende para o resto da Galiza e de Portugal. Esta actividade comeza o 25 de xullo ás 16:30 horas.

A febre da billarda percorre o país e ten as súa cita no Torneo de Billarda do Día da Patria, previsto para as 17:30 horas.

Ademais, o Festigal contará cunha exhibición de Gallaecia in Armis a partir das 17:30, con esgrima histórica e artes de combate con espadas dos séculos XIII, XV e XVII reconstruídas desde manuscritos medievais e renascentistas para unha práctica moderna e segura.

A loita tradicional galega, corpo-a-corpo, comezará ás 18:30, e ten a súa orixe no carácter deportivo, lúdico e tradicional entre mozos e mozas labregas e mariñeiras.

Estas actividades están organizadas por Gallaecia in Armis – Artes Marciais Históricas Europeias, Jogo do Pau Compostela e o Clube de Loita Tradicional “A Cambadela”.

 

Consulta toda a programación do Espazo do deporte tradicional.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 78

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú