O Festigal celebrará nesta edición 2024 un concurso inspirado nos cantos de taberna. Estas son as bases para participar:
- O concurso terá lugar o 25 de xullo ás 18:00 na Carballeira de San Lourenzo.
- A inscrición é de balde e realizarase a través do enderezo electrónico info@festi.gal. Os grupos poderán inscribirse no mesmo día do concurso, mais a participación está limitada a 8 grupos.
- O repertorio será preferiblemente con temas tradicionais e populares.
- Cada grupo contará con 15 minutos de actuación.
- O premio será unha cesta de produtos galegos por cortesía do Espazo Enocultural Vide, Vide!